Idioma >

Xacobeo 2010

Que é?

Versión para impresiónSend to friendPDF version

Antonio Machado deixounos para sempre estes marabillosos versos: “Caminante, no hay camino, se hace camino al andar”. E iso é o que vai facer este proxecto, dentro do Camiño da Reflexión en Xacobeo 2010.

Cando

Entre o 18 e o 28 de outubro celebraremos en Santiago de Compostela unha serie de conferencias que abarcarán algúns dos distintos aspectos da cultura contemporánea, recorrendo para iso a algunhas das máis importantes figuras nacionais e internacionais nos seus respectivos ámbitos.

Por que

No marco deste ambicioso proxecto, querémosvos convidar á reflexión a partir das achegas de toda unha serie de intelectuais de primeira liña procedentes de campos moi diversos da cultura. Neste sentido, a densidade histórica e cultural de Santiago de Compostela proporciona o marco idóneo para pensar a construción da cultura europea como un fenómeno en continua creación a partir de hibridacións, contactos, intercambios, debates, conflitos e solucións a estes, diálogos interculturais.

Onde

Comisariadas por Juan Barja –director do Círculo de Belas Artes-, as charlas terán lugar no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) e na sede da Fundación Cidade da Cultura, onde se programan cada día dúas charlas e un coloquio no que tomarán parte algúns dos máis prestixiosos arquitectos, sociólogos, filósofos, historiadores, escritores, políticos ou antropólogos no panorama mundial. Comezamos un novo camiño con todos eles.

Multimedia

Patrocina:

  • BBVA

Colaboradores:

  • Fundación Cidade da Cultura de Galicia
  • Centro Galego de Arte Contemporánea